Un anxo caído do ceo e un xute de moral

O Dépor cumpriu co Eibar, por segunda vez. Nun partido totalmente diferente ó da ida en Ipurúa. Non foi un partido correoso, duro, intenso, abafante. Nada que ver. O equipo de Fernández xogou o partido máis cómodo de toda a temporada en Riazor. Nada que ver co bravo rival ó que tivo que derrotar cun tremendo desgaste físico 19 partidos atrás. Todo foille máis sinxelo. Mesmo o cadro coruñés se atopou con dúas bolas extra, dous agasallos de Irureta e Ekiza, respectivamente. Dous erros fatais deles foron a sorte deportivista. Pero non todo foi sorte porque o Eibar apenas compareceu en Riazor.

Probablemente, cruzáronse urxencias diferentes. Sobre o campo quedou o poso dun equipo que semella dar algún sinal de esgotamento. O Eibar pode ir cara abaixo, pero pode ser unha caída controlada. Xa se verá. Pero ós vascos saben que controlando a Levante, Elxe, Córdoba e Granada teñen a súa misión cumprida. No caso dos coruñeses, con poco gran almacenado na primeira parte do inverno, a visión é diferente.

Nada teñen resolto. Nin Eibar, nin Dépor. Pero a segunda vitoria consecutiva do cadro coruñés é un xute de vitamina, un choque emocional moi positivo, a ignición dun espantallo, a constatación dun esperado “Yes, we can” á galega, un cambio de rumbo. Si, porque tan importante como ter mentalidade de gañar é crer. Os efectos balsámicos desta nova tendencia positiva son evidentes: o Dépor descomprime a presión que o afogaba, gaña tempo para pensar e poder manexar a situación, obtén un gran calmante para recuperarse.

Din que a fe move montañas, e o primeiro que cree é Lucas. Non está a ser unha tempada sinxela para o de Monelos. A lesión e as molestias foron un obstáculo maldito. Malia as dificultades, vénceas día a día tirando os bloqueos que lle afectan á cuneta. As preocupacións quedan no vestiario. Sobre o terreo de xogo hai un Lucas descarado, pícaro, con fame. Na recuperación do Deportivo ten moito que ver o xogador coruñés. E os números así o din. Cando Lucas está, o equipo mellora os seus resultados, non perde. Pero a figura deste futbolista vai un pouco mais alá. Aínda que o don da ubicuidade está reservado para os relatos metafísicos, o certo é que Lucas sempre está onde é necesario, onde hai que estar. Unha axuda, un acompañamento final dunha xogada, unha parede, un toque preciso. Xa que logo, non será o da ubicuidade, pero si é o don da oportunidade. Non é casualidade. Ten o sentido do xogo. Está presente. Nótase. É efectivo e está mentalizado. Só xogou 6 partidos, pero o seu índice de efectividade é altísimo, sobre o resto de compañeiros. Dos 6 partidos que xogou marcou 3 goles en menos de 300 minutos. É de feito, con tan poucos minutos disputados o máximo goleador do equipo, e desde logo o máis rendible. Alá por outubro, Víctor Fernández dixo del: “tiene ángel”. Parafraseando o técnico maño, Lucas está sendo para o Dépor un anxo caído do ceo.

Nesta renovada fe deportivista participan outros xogadores. Álex Bergantiños tamén segue a corrente. Leva un ano 2015 espectacular. Está medrando moito e neste momento é outra das pezas chave da nova imaxe do equipo. Aporta elementos ó xogo que dan un novo caracter ó equipo, máis perigoso en ataque. Descubriuse un Álex que da asistencias, que coloca balóns profundos, que fai mover ó equipo.

Nesta xornada, o Dépor marcou o gol número 20. A ratio de gol por partido é moi baixa na estatística xeral, pero o arranque da segunda volta mostra unha nova dirección: 6 goles a favor e 3 en contra. Nos mesmos partidos da primeira volta os branco e azuis sumaron 4 puntos, na segunda sete.

Con estes números, con esta melloría, os políticos farían unha gran festa. Pero no deporte ben é sabido que ata cruzar a meta non hai nada que festexar.

A próxima parada da Liga é no Bernabeu, cun Madrid moi doído polo seu ridículo no Calderón. Quen sabe, se precisamente por iso, tamén é unha boa oportunidade. Os oito goles da primeira volta en Riazor foron un castigo excesivo. Hai feridas que purgar. Cun “anxo” infiltrado no equipo, cun xute de moralina inoculado e cun pouco de sorte e intelixencia, quen sabe. Por legado non será. Esta é unha boa semana para repasar videos e historia.

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

Misión imposible, posible

Conclusións tralo encontro de Riazor. O Depor segue vivo e moi vivo. A vitoria ante o Espanyol devolve ao equipo de Vázquez ao positivismo das vitorias. Seguir leyendo

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

Depor: co “case case” non se pode soñar

O éxodo coruñés quedouse coas gañas de saír de festa por Valladolid. Tan triste foi o regreso, que, antes de iniciar a viaxe de volta, houbo que lamentar a morte dun afeccionado deportivista. José Vicente Rivas Dieste, membro da peña Rouba Risóns da Illa de Arousa, foi deixar a alma e a súa paixón polo Depor a Pucela. O seu corazón non puido máis e deixou de latexar nun hotel da capital Castelá despois de ver o partido.

Antes, Pucela foi conquistada por máis de catro mil gorxas deportivistas, entre as que estaba José Vicente Rivas Dieste. Voces dispostas a ser o motor para marcar todos os goles que precisase o equipo de Vázquez. A esta afección non se lle pode pedir máis. A súa entrega e esforzo por aupar a equipo á permanencia na Primeira División merece un monumento. E desde logo, precisa do recoñecemento da Liga, por ser, sen dúbida, unha afección señorial e exemplar. Foino toda a Liga. CATRO MIL persoas fixeron o esforzo económico, coa que está caendo, para tomar a A-6… puntos que, polo menos, vai precisar o Depor para agarrarse á salvación. Pero non recibiron a recompensa esperada.

O equipo deportivista non estivo á altura en Valladolid, polo menos á altura dos siareiros que enmudeceron durante o encontro á bancada local co seu “esta hinchada nunca se rinde” ou o “Si, pódese”. Os afeccionados fixéronlle o corredor ao autobús branco e azul cando ían cara ao Novo José Zorrilla, coa idea de cargarlles as baterías os futbolistas herculinos. Pero os xogadores deron preocupantes sinais de estaren fundidos, queimados, gripados, de estaren sen forzas e case coas pernas sen gasolina para a dramática recta final. Probablemente, a remontada brutal que ofreceu este equipo, desafiuzado dez semanas atrás, pase agora factura. Mais hai que pensar que aquel esforzo era necesario para poder chegar á operación definitiva, a vida ou morte. O Depor deixou de estar en planta e reingresou na UVI, por méritos propios… e tamén alleos.

O Deportivo fixo un partido de case – case. Case chegaron á porta…, case remataron algún centro…, case marcaron un gol…, case empataron o partido…, case correron…

Porque á beira do Pisuerga, os homes de Vázquez foron un equipo sen chispa, sen sensación de poderen sacar moito máis ca un empate. E foi peor. Foi unha derrota moi dura para os branco e azuis, por como se produciu a derrota. Decepcionante. Non se viu o esforzo por ningures. Esforzo que se viu só nas bancadas.

O Deportivo fixo un partido de case – case. Case chegaron á porta…, case remataron algún centro…, case marcaron un gol…, case empataron o partido…, case correron… Iso non pode ser. De que serviu a remontada das catro victorias consecutivas? Só para alimentar un soño? Certo é que os de Vázquez conservaron o debuxo táctico, gardando ben a compostura, pero sen pólvora. O primeiro disparo á porta foi de Riki no minuto 70 de partido. O gol en contra é culpa dun tremendo erro de concentración de Zé Castro que deixou rematar inocentemente a Javi Guerra dun xeito que ao central só se lle pode quedar a faciana colorada.

O erro arbitral non é banal, se observamos que outros equipos, como o Zaragoza, cobran a prol os erros arbitrais

E por segunda semana consecutiva… chegou o erro arbitral. Un gol anulado por un fóra de xogo que non existiu e que, como moito, so podía alcanzar a categoría de dubidoso vista a xogada en directo. Cando un fóra de xogo é moi dubidoso non se pita. Por riba, coa imaxe conxelada, a conclusión é que o gol debeu subir ao taboleiro de marcas. O erro arbitral non é banal, se observamos que outros equipos, como o Zaragoza, cobran a prol os erros arbitrais, nestas semanas tan decisivas. Son erros que complican a supervivencia, aumentan as distancias, e poden abrir ocos difíciles de superar. A derrota obriga a sacar a calculadora e concluír que son necesarias, polo menos, dúas vitorias e, o mellor, un empate ou de novo, un terceiro e derradeiro triunfo.

O Depor ten que recapacitar. Nin o partido de Riazor co Athletic de Bilbao, nin o do sábado en Valladolid son exemplo. Pode que o equipo teña os plomos fundidos por desgaste, pero se é así Vázquez vai ter que facer de electricista de urxencia. Como faría Valeriano, un entrañable vello do meu pobo xa falecido, vai ter que coller un par de fíos de cobre e atalos con forza aos extremos da cerámica para que haxa corrente e prenda a luz da saída. Non caben tropezos. Non caben erros, e sobre todo de concentración. As feituras do equipo son correctas, pero a cabeza e as pernas teñen que ir na mesma dirección.

Aínda que se rompeu a cadea positiva, Vázquez vai ter que reinventar a eficaz fórmula do pódese para que dure tres partidos máis. Quizáis, José Vicente Rivas Dieste desde o ceo ilumine o camiño.

Non pode volver pasar que quede a sensación de que estes xogadores son case case de Primeira División. Penso que realmente o son.

Próximo encontro en Riazor co Espanyol. Logo viaxe a Málaga e remate coa Real Sociedade. Case nada. Cabeza!!!

 

Artigo escrito por Carlos Alberto Sánchez para Sermos Galiza publicado o luns 13 de maio de 2013

Publicado en Deportes, Deportivo | Etiquetado , , | Deja un comentario

Uso de redes sociales en la campaña de Estados Unidos

Obama dijo una mañana antes de iniciar la batalla final por la campaña electoral de Estados Unidos desde la Casa Blanca: “Voy a pasar a la historia como el primer presidente al que le gusta Twitter” y a continuación escribió ante una nube de periodistas su primer tuit. Esta imagen demuestra que 2012 y las elecciones de Estados Unidos marcan un antes y un después a la hora de planificar una camapaña electoral en cualquier parte del mundo. Tras la segunda victoria del presidente norte americano, las redes sociales están en el trasfondo de su decisivo empuje hacia el despacho más poderoso del mundo. Sólo en redes sociales la primera conclusión que hay que sacar comparando la campañas de 2008 y 2012 es que la última ha sido muchísimo más agresiva. Hasta tal punto se han tomado en serio la campaña 2.0 que han empleado a más de 100 personas para adecuar la promoción de cada una de las candidaturas, lo que denota la importancia que tienen ya las redes digitales en unas elecciones.
Obama partía con ventaja porque ya conocía el resultado del uso de las redes sociales en la campaña de 2008. Y desde que fue proclamado presidente no las abandonó. Siguió cuidando sus plataformas digitales, lo que ayudó a fidelizar un mayor número de usuarios y le hizo partir con ventaja respecto a Romney. Se comprobó, tras las elecciones de 2008, que los electores indecisos decantaron su voto finalmente por lo que leyeron a través de las redes sociales y no por la información que se transmitía de la campaña a través de los periódicos tradicionales. A pesar de todo, ambos llevaban meses acudiendo a las redes para presentarse a los norte americanos, no se acentuó su uso solo a los últimos días de campaña. Al principio, se usaron para buscar apoyo económico y captar donaciones para desenvolver la campaña. La recaudación fue un éxito para Obama. De todas las herramientas 2.0 disponibles, Obama las usó mucho más ganando en todas ellas con enormes diferencias sobre su rival.


La campaña electoral de Estados Unidos ha vuelto a ser, como en 2008, una referencia para pulsar la importancia que tienen las redes sociales. Los números arrojan ya en las redes quién utilizó más y mejor las redes sociales y le allanó el camino a la presidencia. Obama y Romney estuvieron presentes en la mayoría de canales de mayor seguimiento, predominando el uso de Facebook y Twitter. Obama consiguió casi 30 millones de me gustas y por tanto seguidores en Facebook, mientras Romney se quedó muy lejos con 8.000.000 de seguidores. Twitter, fue el segundo canal más prolífico de ambos candidatos y obtuvieron 20 millones de followers, Obama, y poco más de 1 millón, Romney. Youtube fue otro canal de comunicación importante: mientras Obama subió 233.000 contenidos, Romney solo subió 21.000 videos. Instagram también mostró severas diferencias entre ambos candidatos: Obama produjo 1,4 millones de posts por sólo 38.000 de Romney. Es curioso la proyección de la red social musical como Spotify que también notó las prefrencias de los internautas. 14.500 usuarios subieron los playlists de Spotify de Obama, mientras que los republicanos sólo obtuvieron a 402 seguidores que recomendaron la música de Romney. Las esposas de los dos candidatos también se volcaron en las redes sociales con la plataforma Pinterest, un portal de seguimiento eminentemente femenino.
El público que ha seguido mayoritariamente la campaña a través de las redes sociales se movía en una franja entre los 15 y los 30 años, pero se prevé que la horquilla de seguimiento se ampliará también al tramo entre los 30 a los 60 años. Sobre los perfiles de los usuarios también hay que establecer diferencias: los votantes demócratas están más abiertos al uso de las plataformas digitales, mientras que los republicanos se comunican a través de los canales más clásicos.
El análisis de las redes identifica al público femenino como el que se ha dejado seducir mayoritariamente por las estrategias de campaña de Obama. El público afín al líder republicano se concentraba en los estados del sur y con una renta media de entre 25.000 y 50.000 dólares.
Destaca también la profesionalización de las redes para amplificar los mensajes de las dos candidaturas. Sólo para Romney, 120 personas se encargaban de trabajar y actualizar los perfiles sociales de Romney.
Los responsables de las redes sociales se cuidaron mucho de que los followers tuviesen la impresión de estar recibiendo spam en sus timeline. Un tuit en sentido negativo hacia el candidato se consideraba una pérdida de confianza.
La explicación de que existan tantos colaboradores republicanos y demócratas en los gabinetes de ambas candidaturas es para lograr la cercanía del candidato o evitar que el candidato fuese demasiado artificial y solo tuviese presencia digital. Se pretendía que los candidatos tuviesen contacto físico con los electores, en plazas, mítines, y otros lugares de los distintos estados. De este modo la interactuación con el electorado ha sido múltiple: a través de canales digitales y con la proyección personal habitual.
A pesar de todo, la televisión ha sido el canal por que más recursos se comió. Se estima que se dedicó a spots televisivos más de 2.000 millones de dólares, siendo el primer medio de referencia de impacto para el electorado, en el que los debates fueron el epicentro de las estrategias de ambos candidatos.


Entre los distintos canales usados, las diferencias son notables entre el uso del Facebook y el candidato sobre Twitter y porque la plataforma azul permite mayor flexibilidad a la hora de compartir otros canales digitales que la web del pajarito. Facebook sirvió para generar una gran cantidad de tráfico.
El twitter se usó para dos misiones en campaña: dar noticias de última hora de campaña o declaraciones de los candidatos yhacer llamadas de acción destinada a los seguidores, como acudir a un mítin o a un encuentro con los candidatos en una plaza o acto público. El facebook se destinó a transmitir información cotidiana.
En función de los mensajes producidos se adecuaban a cada una de las plataformas usadas.
Como crítica, habría que indicar que tanto uno como otro candidato en twitter tuvieron muy pocos retuits, por lo que será un tema a estudio para futuras campañas.
Los usuarios también pudieron apreciar diferencias sobre la producción de los mensajes en las plataformas. Mientras Romney nunca emitió directamente un mensaje, ya que lo hacían sus colaboradores, Obama sí escribía mensajes, principalmente tuits. Se sabía porque al final de cada mensaje firmaba con las iniciales de su nombre BO. También su esposa con MO. Fue su manera de identificar quién escribía en las redes.

No todo en las redes es tan cristalino y tan real. De hecho a la hora de estudiar los resultados de las encuestas sobre la evolución del voto, las empresas demoscópicas tuvieron que discriminar un 25% de los mensajes, que correspondían con perfiles feak o fantasmas, es decir, falsos.
Aunque ambos candidatos ha usado con gran productividad las redes sociales, lo cierto es que no son, de momento, herramientas definitivas para ganar elecciones. Pero son una más que ayudan a acercar el mensaje de los candidatos a las personas. Las redes sociales no podrán superar nunca el contacto humano, esencial, siempre a la hora de transmitir emociones y mostrar el fervor de los electores. Lo que no tiene vuelta atrás es la introducción de las redes, que vienen para quedarse e instalarse como un elemento decisorio en el electorado. Sobre todo, serán muy importantes, durante los debates televisados en próximas campañas. Esta campaña, los debates generaron 12 millones de mensajes en twitter.
Algunas conclusiones claras sobre la importancia de las redes sociales: los indecisos han inclinado su decisión animados por lo que han leído en la red. Aunque es evidente que las campañas aún tienen que adaptarse a Facebook y Twitter, ya son un vehículo de comunicación muy efectivo en el electorado. El artículo de opinión en un diario puede ser influyente pero tiene mucha mayor credibilidad la opinión del boca a boca la emoción transmitida por un amigo cercano sobre lo que le provoca un candidato. Las redes sociales acercan al ciudadano al candidato y por tanto facilitan una comunicación directa. El dinero no puede comprar seguidores. Eso se gana con la credibilidad generado a través de los medios sociales. Obama ha demostrado que es capaz de movilizar a millones de personas a través de las redes sociales y el uso estratégico de internet. El propio candidato es el primero que cree en Internet y las nuevas tecnologías, las entiende, y las usa correctamente.


¿Y ahora qué?
El uso de las redes implica a su vez mayor exigencia ya que los usuarios les recordarán a los candidatos que no cumplen con sus promesas. Las redes sociales son una huella, por lo que jugarán un papel nuevo, ya que el ciudadano tiene una nueva voz con una nueva dimensión sobre la que tendrán que prestar atención.

Technorati Tags: Facebook, Twitter, instagram, pinterest.

Publicado en Política | Etiquetado , , , | Deja un comentario

¿Quién coloca a los parados en el Inem?

cola del paro¿Quién busca trabajo por ti en el Inem? Otro posible parado. Sí, sí, como suena. Ah, ¿que no os lo creéis? Pues aquí la anécdota, que le ocurrió ayer a un amigo en una oficina de A Coruña. Seguir leyendo

Publicado en Economía, Política | Etiquetado , , , , | 1 Comentario

El timo de la factura de la luz

¿Habéis probado alguna vez a llamar a los teléfonos que aparecen en el anverso de vuestra factura de la luz?

Seguir leyendo

Publicado en Economía, Opinión | Etiquetado , , , , , , , , , | 2 comentarios

El derbi clásico que da juego en la moviola

Imagen

A Artur Mas, candidato y presidente, le han pillado en fuera de juego. Y él piensa que hay un error de interpretación del reglamento. El gran derbi Madrid Barcelona que se jugaba ayer en Cataluña acabó en tablas. Ni soberanistas, ni españolistas, ni catalanistas. Seguir leyendo

Publicado en Política, Uncategorized | Etiquetado , , , , , , , , , | 1 Comentario

Si eres político, enhorabuena, los pleitos te salen gratis

Mi primer comentario político no podía ser otro que el de las tasas judiciales. En mi caso más justificado, ya que voy por la quinta demanda para defender mis derechos laborales
por una situación injusta y delirante. Seguir leyendo

Publicado en Política | Etiquetado , , , | Deja un comentario

Encuesta sobre el Deportivo

Publicado en Deportes | Etiquetado , | Deja un comentario

A Pincheira, unha de cal e outra de area

A Pincheira é un punto de encontro. Unha fonte que acumula auga fresca nunha enorme bañeira de pedra. É o lugar onde recompoñer forzas. Un manantial. É a resistencia ao paso do tempo. É a lembranza. É o retorno ao pasado. É o impulso ao futuro. Unha excusa para deterse e tomar un respiro entre a faena. Unha parada obrigada. Onde xurde o diálogo, pero curto. Un intercambio de novas. Un encontro coas novas do día. O tempo xusto para enterarse do último cotilleo. Un kit Kat. Unha incógnita. Un lugar de paso. Un tempo para aclararse. A liberdade en estado puro. Onde os idiomas conviven e se relacionan con naturalidade, coma se fosen un so. Onde o reloxio traballa sen presión. Dependendo da hora ou da época do ano, ou pasas moito calor ou quedas conxelado. Non hai espazo para bandeiras, pero existe sitio para todos. Voan as almas e quedan as palabras. Un cruce de camiños. Ó chegares, tes que tomar unha decisión: ou continúas pola esquerda ou segues pola dereita ou, se o prefires, segues polo teu camiño. Saúde. Saúda.

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario